Ourense, 31 de agosto de 2006
Querido Daniel:
Esta mañá recibín a novela e lina dun tirón. Agora estou a relela (degustala) de novo. A primeira conclusión á que chego é que ti es un narrador nato. Naciches para escribir, dáseche a narración e chegarás moi lonxe na literatura. Iso está claro.
Eu encóntrome en tódalas liñas do texto, mesmo na viaxe (allea a min) pola Galicia ardida, porque os sentimentos que ti expresas alí son tamén os mesmos que eu sentín cando crucei (en distinta ocasión) por aquel inferno.
No resto, como xa é a miña propia realidade, mireime nela como nun espello. Non sei como puideches entrar nos datos que eu, deslabazadamente, che din e ilos descifrando, ordenando e expresando tan desde dentro e tan literariamente. Cousas que eu xa tiña esquencidas afloraron de novo á memoria como se me acabasen de acontecer. Foi para min coma un milagre.
En fin, trátase dunha realidade que ti soubeches transfigurar literariamente, para disfrute de calquera lector. A miña sincera noraboa.
Penso que xa axiña lle darás remate tamén ó teu estudo lingüístico e que che quedará xa máis tempo para meterte de cheo na novela que tentas escribir. Xa me irás contando.
Unha forte aperta. Campio.
La Señora Zombie es el Hada Madrina
Há 55 minutos
0 comentários:
Enviar um comentário